Asociación Cultural Solo Teatro
Sinopse "O Misterio da Cuqueira"
Adrián Silva é un estudoso e brillante seminarista de dezanove anos e xa coñecedor dos textos clásicos, a petición do seu tio D. Bernardo ten que facer de administrador na época da Vendima no Ribeiro, coincidindo coa festividade das ánimas benditas, no misterioso e fantasmagórico Pazo da Cuqueira, pertencente á familia Dubra.
Adrián, queda fascinado pola beleza que desprende A Cuqueira, e co desexo de averiguar o seu segredo desatende as advertencias dos caseiros , entrando de noite nas salas pechadas do pazo, que dende a morte de Don Eugenio II permanecían pechadas.
Na sala da biblioteca , o espírito do pasado, D. Eugenio I, fundador da Cuqueira no ano 1751; e o espírito do futuro , Alfonso, que a idade de once anos finou nesa mesma sala no 2009; entran en contacto con Adrián. Explicándolle o primeiro a súa aventura por Italia , a musa que o trouxo coas vides gregas , o porque deste pazo e a misteriosa morte desa musa, Circe, encarnada en Pola. E o segundo o seu tráxico e inesperado falecemento cando un 24 de agosto, xogaba a un xogo de Harry Potter na mesma sala da antigua biblioteca da Cuqueira.
A partir dese momento a aventura na Cuqueira xa non será a mesma aínda que tentará cumprir as obrigas que lle mandou o seu tío. Nunca o pensaría pero os sentimentos agochados no fondo do seu corazón sairán á luz producíndose un tráxico desenlace o día de Defuntos.
Representacións
- 15/05/2018/ IES Universidade Laboral de Ourense (Dentro da I Mostra de Teatro)